ESTATUTOS
DE UNITEGA
UNIÓN DE ASOCIACIÓNS
TITULARES DE TECORES (terreos cinexéticamente ordenados) DE GALICIA.
I. DISPOSICIÓNS XERAIS
Art.
1.- Denominación
Art. 2.- Domicilio e Ámbito territorial
Art. 3.- Carácter
Art. 4.- Fins e Actividades da Asociación
Art. 5.- Dos asociados
Art. 6.- Dereitos e Obrigacións dos Asociados
Art. 7.- Dos Colaboradores
II. RÉXIME DE ORGANIZACIÓN E FUNCIONAMENTO
Art.
8.- Organización e funcionamento Democrático
Art. 9.- Órganos de Goberno, Representación
e Consulta
Art. 10.- Sesións da Xunta Directiva
III. RÉXIME DE ADMINISTRACIÓN, CONTABILIDADE
E DOCUMENTACIÓN
Art.
11.- O réxime de administración da UNIÓN
Art. 12.- Obrigacións documentais e contables
IV. PATRIMONIO INICIAL E RECURSOS ECONÓMICOS
Art.
13.- Patrimonio inicial e recursos económicos
V. MODIFICACIÓN
DOS ESTATUTOS
Art. 14.- Modificación
VI. CAUSAS DE DISOLUCIÓN E DESTINO DO PATRIMONIO
Art.
15.- Disolución
VII. LIQUIDACIÓN DA UNIÓN
Art.
16.- Liquidación
Capítulo
I: Disposicións
xerais
Art.
1.- Denominación
A presente UNIÓN denomínase "UNIÓN DE ASOCIACIÓNS
TITULARES DE TECORES (terreos cinexéticamente ordenados) DE GALICIA
"UNITEGA"
Art.
2.- Domicilio e ámbito territorial
O domicilio da UNIÓN fíxase en R/Ctra. Cerdedelo, 41,
32620 Laza (Ourense), Cando as circunstancias o aconsellen, previo acordo
da Xunta Directiva, O Presidente, poderá acorda-lo cambio do
comicilio social, sen que o mesmo implique modificación de Estatutos.
O cambio de domicilio se notificará ós socios e ó
Rexistro de Asociacións de Galicia.
Art.
3.- Carácter
A presente UNIÓN constitúese con carácter indefinido.
Art.
4.- Fins e Actividades da Asociación
A) A defensa do medio ambiente, a natureza, a biodiversidade e a promoción
do medio rural galego.
B) Fomenta-la xestión sostible dos recursos cinexéticos
da Comunidade Autónoma de Galicia.
C) Proporcionar Formación e Asesoramento ós asociados
da UNIÓN.
D) Representar a Sociedades e Asociacións de cazadores nos comités
provinciais e galego de caza; así como ante a Administración
Autonómica e todo tipo de organismos, entidades e medios de comunicación.
E) Calquera outra actividade, que sen ánimo de lucro, poida ter
relación cos fins e natureza desta UNIÓN.
Art.5.-
Dos Asociados
Requisitos e modalidade de admisión e baixa, sanción e
separación dos asociados e clase destos:
A)
Requisitos:
1. Ser tecores legalmente constituídos, con ámbito territorial
na Comunidade Autónoma de Galicia.
2. Paga-la cota que anualmente se estableza pola UNIÓN.
B) Modalidades de admisión e clases de socios:
1. Socios fundadores, terán esa condición tódolos
tecores que subscriban a Acta Fundacional e presenten acordo válidamente
adoptado polo órgano de goberno competente no que apareza a
vontade de constitui-la UNIÓN, formar parte dela e designar
á persoa física que a represente e ó seu suplente.
2. Adquirirán a condición de socios de número
os tecores legalmente constituídos con ámbito territorial
na Comunidade Autónoma de Galicia, sempre que así o
soliciten mediante escrito dirixido ó Presidente da UNIÓN
e desde o momento en que acompañen o acordo válidamente
adoptado polo órgano de goberno competente no que apareza a
vontade de adherirse á UNIÓN, formar parte dela e designar
á persoa física que a represente e ó seu suplente.
C) Baixa dos socios: Os socios poderán causar baixa polos
seguintes motivos:
1. Vontade propia.
2. Observar conducta que prexudique gravemente os intereses da UNIÓN,
previa proposta da Xunta Directiva, con audiencia do interesado e
acordo adoptado ó efecto pola Asemblea Xeral.
3. Deixar de cumpri-los requisitos necesarios para a condición
de asociado.
D)Sanción:
Os socios poderán ser sancionados pola Xunta Directiva, previa
instrucción do correspondente expediente pola Xunta Directiva,
con audiencia do interesado. Contra o acordo sancionatorio da Xunta
Directiva, os sancionados poderán presentar recurso ante a
Asemblea Xeral na primeira sesión ordinaria que esta celebre.
As sancións poderán comprender dende a suspensión
dos seus dereitos de 1 mes a 5 anos e incluso a suspensión
definitiva ou baixa.
Art.
6.- Dereitos e Obrigacións dos asociados
Os
socios teñen os seguintes dereitos:
a) Participar nas actividades da UNIÓN e nos órganos
de goberno e representación, a exerce-lo dereito de voto, así
como a asistir a Asemblea Xeral, dacordo cos Estatutos.
b) A ser informado da composición dos órganos de goberno
e representación da UNIÓN, do seu Estado de Contas e
do desenvolvemento da súa actividade.
c) A ser escoitado con carácter previo á adopción
de medidas disciplinarias contra el e a ser informado dos dereitos
que den lugar a tales medidas, debendo ser motivado o acordo que,
no seu caso, impoña a sanción.
d) A impugna-los acordos dos órganos da UNIÓN que estime
contrarios á Lei ou ós Estatutos.
e) A separarse voluntariamente da UNIÓN en calquera tempo.
Os
socios teñen os seguintes deberes:
a) Comparti-los fins da UNIÓN e colaborar para a consecución
dos mesmos.
b) Paga-las cotas, derramas e outras aportacións, que, dacordo
cos Estatutos, poidan corresponder a cada socio.
c) Cumpri-lo resto das obrigas que resulten das disposicións
estatutarias.
d) Acatar e cumpri-los acordos válidamente adoptados polos
órganos de goberno e representación da UNIÓN.
Art.
7.- Dos Colaboradores
Serán colaboradores: Aquelas persoas físicas ou xurídicas
que desexando colaborar na consecución dos fins da UNIÓN,
o soliciten á Xunta Directiva e sexan recoñecidos como
tales por acordo da Asemblea Xeral.
Os colaboradores poderán participar nas sesións dos órganos
de goberno e consulta con voz sen voto, sempre que sexan requeridos
ó efecto polos mesmos.
CapituloII.
Réxime de organización e funcionamento
Art.
8.- Organización e funcionamento democrático
Para o desenvolvemento dos seus fins e actividades a UNIÓN rexirase
polos criterios que garantan o seu funcionamento democrático.
Art.
9.- Órganos de Goberno, Representación e Consulta
A)
A ASEMBLEA XERAL:
A Asemblea Xeral é o órgano supremo de goberno da UNIÓN,
integrada polos asociados, que adopta os seus acordos polo principio
maioritario ou de democracia interna e deberá reunirse en sesión
ordinaria polo menos unha vez ó ano, e en sesión extraordinaria
cando así o acorde o Presidente, a Xunta Directiva ou un dez
por cento dos asociados.
A Asemblea Xeral constituirase válidamente, previa convocatoria
efectuada quince días antes da reunión, cando concorran
a ela, presentes ou representados, un tercio dos asociados, ademáis
do Presidente e Secretario ou de quen estatutariamente os sustitúan.
Os acordos da Asemblea Xeral adoptaranse por maioría simple dos
presentes ou representados, cando os votos afirmativos superen ós
negativos. Non embargante, requerirán maioría cualificada
dos presentes ou representados que resultará cando os votos afirmativos
superen a metade, os acordos relativos á disolución da
UNIÓN, modificación dos Estatutos, disposición
ou enaxenación de bens e remuneración dos órganos
de representación.
A Asemblea Xeral tratará na sesión ordinaria anual como
mínimo os seguintes asuntos:
a) A aprobación das
actas das sesións anteriores.
b) A discusión e aprobación do orzamento para o exercicio
seguinte.
c) A aprobación das contas anuais
d) A aprobación do Regulamento de Réxime interno da UNIÓN,
de se-lo caso.
e) Rogos e preguntas dos socios.
Nas sesións extraordinarias da Asemblea
Xeral trataranse, entre outros, os seguintes asuntos:
a) A modificación de
estatutos.
b) A elección da Xunta Directiva.
c) A adopción do acordo de expulsión ou sanción
dun socio cando cometa algunha infracción tipificada como tal
nos presentes Estatutos.
d) A adopción do acordo de disolución da UNIÓN.
e) A discusión e votación de cantas propostas lle sexan
presentadas pola Xunta Directiva.
De cada sesión que celebre a Asemblea Xeral, o Secretario levantará
acta, especificando a orde do día, data, puntos principais de
deliberación, así como o contido dos acordos adoptados.
B)
A XUNTA DIRECTIVA:
É o órgano de representación da UNIÓN, que
xestiona e representa os seus intereses, dacordo coas disposicións
e directivas da Asemblea Xeral. Só poderán formar parte
do órgano de representación os asociados. Para ser membro
dos órganos de representación da UNIÓN, sen prexuizo
do que establezan os seus respectivos estatutos, serán requisitos
indispensables: ser maior de idade, estar en pleno uso dos dereitos
civís, non estar incurso nos motivos de incompatibilidade establecidos
na lexislación vixente e seguir obstentando a representación
do Tecor que o designou.
COMPOSICIÓN:
A Xunta Directiva estará formada por un Presidente con funcións
de Coordinador Xeral, un Secretario, un Tesoureiro, catro vocais con
funcións de Coordinadores Provinciais, un vocal con funcións
de Coordinador da Comisión de Comunicación, un vocal con
funcións de Coordinador da Comisión Legal, un vocal con
funcións de Coordinador da Comisión Técnica e Científica
e un vocal con funcións de Coordinador da Comisión de
Caza e Xestión Sostible.
Corresponde á Xunta Directiva a adopción de toda clase
de acordos, excepto aqueles para os que se requira expresamente acordo
da Asemblea Xeral.
A Xunta Directiva se elexirá por un período de catro anos.
A convocatoria das eleccións corresponde ó Presidente,
que poderá adiantalas, pero nunca sobrepasar o prazo máximo
de catro anos de mandato. As candidaturas poderán presentarse
dende a convocatoria a eleccións ata os dez días anteriores
a proceder á votación. A convocatoria a eleccións
farase como mínimo cun mes de antelación á celebración
das mesmas. Só se admitirán candidaturas que estean avaladas
polo menos por un 25% dos asociados. Para ser candidatos ós cargos
da Xunta Directiva, estos deberán ter unha antigüidade mínima
de dous anos, a contar dende o momento en que se presente a candidatura
e que estean ó corrente de pago nos recibos da UNIÓN.
Resultará elixida a lista que obteña o maior número
de votos válidos.
Os membros do órgano de representación poderán
recibir indemnizacións polo desempeño do seu cargo, debendo
constar as mesmas nas contas anuais da UNIÓN aprobadas pola Asemblea
Xeral.
A Xunta Directiva reunirase en sesión ordinaria unha vez cada
trimestre.
Se dimitise ou causara baixa definitiva algún membro da Xunta,
ésta nomeará un substituto.
Se quen dimitise ou causara baixa definitiva fose o Presidente ou a
maioría dos membros da Xunta Directiva, o Secretario convocará
eleccións.
Funcións
do Presidente:
a)
Exercer de Coordinador Xeral e representar á UNIÓN ante
toda clase de persoas, autoridades e entidades públicas ou privadas.
b) Realiza-las convocatorias da Xunta Directiva e da Asemblea Xeral
e fixa-la orde do día, tendo en conta, no seu caso, as peticións
formuladas polos demáis membros da Xunta coa suficiente antelación.
c) Presidi-las sesións da Xunta Directiva e da Asemblea Xeral.
d) Modera-lo desenvolvemento dos debates.
e) Dirimir co seu voto os empates producidos tanto na Xunta Directiva
como da Asemblea Xeral.
f) Velar polo cumprimento das leis, dos fins da asociación e
dos presentes Estatutos.
g) Asinar actas e certificacións dos acordos da Xunta Directiva
e da Asemblea Xeral.
h) Executa-los acordos da Xunta Directiva e da Asemblea Xeral, podendo
para o mesmo realizar toda clase de actos e asinar os documentos necesarios
a tal fin.
i) Cantas funcións sexan inherentes ó seu cargo.Nos casos
de vacante, ausencia ou enfermidade, o Presidente será substituido
pola persoa que designe a XUNTA DIRECTIVA.
Funcións
do Secretario:
O Secretario desempeñará as mesmas funcións que
os vocais e ademáis lle corresponde:
a)
Custodia-la documentación da UNIÓN.
b) Efectua-las convocatorias da Xunta Directiva de da Asemblea Xeral
por orden do Presidente, ou, no seu caso, pola petición da maioría
dos membros da Xunta, ou pola petición do 10% dos socios.
c) Redactar e autorizar coa súa sinatura as actas das sesións
da Xunta Directiva e da Asemblea Xeral.
d) Expedir certificacións das consultas, dictámenes, acordos
aprobados e de calquera outro documento da UNIÓN.No caso de vacante,
ausencia ou enfermidade do Secretario, estes será substituido
polo Vocal de menor idade ou membro da Xunta en quen delegue.
Funcións
do Tesoureiro:
O Tesoureiro exercerá as mesmas funcións que os vocais e
ademáis lle corresponde:
a) Leva-la contabilidade da
UNIÓN.
b) Inventaria-los bens da UNIÓN.
c) Autorizar coa súa sinatura os mevementos bancarios, pagos,
mercas e demáis operacións económicas, que previamente
autorizara o Presidente dentro das súas atribucións.
Funcións
dos Vocais:
a) Asisti-la Xunta, emiti-lo
seu voto, para o cal deberá recibir cunha antelación mínima
de 48 horas a orde do día.
b) Formular rogos e preguntas, así como suxeri-los puntos da
orde do día, tanto da Xunta Directiva como da Asemblea Xeral.
c) dereito a obter información puntual da marcha da sociedade.
d) Cantas funcións sexan inherentes á súa condición
de membro da Xunta.
e) Convocar, presidir e modera-los debates da Comisión á
que pertenza, ou no seu caso, coordinar ós tecores asociados
do ámbito provincial respectivo.
Art.
10.- Sesións da Xunta Directiva
A convocatoria se realizará polo Presidente ou cando o solicite
un tercio dos sompoñentes da Xunta Directiva, sempre cunha antelación
mínima de 8 días.
Para a válida adopción de acordos da Xunta Directiva é
necesario que asistan polo menos a maioría dos seus membros,
e que entre eles se atopen o Presidente e o Secretario ou quen os substitúa
dacordo cos presentes Estatutos.
Unha vez constituida, A Xunta Directiva toma os seus acordos por maioría
dos asistantes, tendo o Presidente voto de calidade no caso de empate.
Non poderá ser obxecto de deliberación ningún asunto
que non estea na orde do día, salvo que estando presentes tódolos
membros da Xunta se declare a urxencia do mesmo polo voto favorable
da maioría dos asistentes que en calquera caso represente a metade
máis un do número estatutario dos seus compoñentes.
De cada sesión que celebre a Xunta Directiva levantará
acta o Secretario, especificando a orde do día, data, resultado
da deliberación, así como os acordos adoptados.
As actas se lerán, e no seu caso, se aprobarán na seguinte
sesión.
FUNCIÓNS
DOS ÓRGANOS DE CONSULTA:
COMISIÓN
DE COMUNICACIÓN:
a) Creación dun boletín
informativo periódico.
b) Creación e mantemento dunha páxina web.
c) Divulgación das actividades da asociación a tódolos
medios de comunicación.
d) Comunicación fluída cos socios.
e) Edición de folletos divulgativos ou similares para proporcionar
unha formación adecuada ós socios.
f) Edición dos estudios e manuais da Comisión Técnica
e Científica.
g) Recompilación de Títulos bibliográficos e de
videos relacionados coa actividade cinexética para poñer
a disposición dos socios.
COMISIÓN
LEGAL:
a) Estudio do desenvolvemento
e aplicación da Lei e o Regulamento de Caza de Galicia e do resto
da lexislación que afecta á caza na nosa comunidade.
b) Asesoramento ós socios en tódolos aspectos legais que
lles afecten para o desenvolvemento da actividade cinexética.
c) Recompilación das Leis que afecten na actualidade ó
desenvolvemento da caza.
COMISIÓN
CIENTÍFICA E TÉCNICA:
a) Marca-las pautas a seguir
para desenvolver unha xestión sostible da actividade cinexética
nos Tecores.
b) Colaborar coa Comisión de Comunicación na edición
de folletos que contribúan á educación dos cazadores
galegos.
c) Analiza-los aspectos técnicos e científicos que afecten
á caza das especies cinexéticas, os seus períodos
e condicións de caza.
d) Estudios das especies cinexéticas galegas e divulgación
dos resultados.
e) Elaborar propostas á Asemblea Xeral sobre a Orde Anual de
Vedas.
f) Elaboración de manuais para a xestión sostible dos
Tecores.
COMISIÓN
DE CAZA E XESTIÓN SOSTIBLE:
a) Estudiar e desenvolver aspectos
relacionados coa ética da caza en Galicia.
b) Consensuar e asesorar ó resto de Comisións na forma
de transmiti-la información ós cazadores.
c) Elaborar propostas sobre Caza Maior, Caza Menor e Modalidades Minoritarias.
d) Elaborar propostas para establecer convenios de colaboración
con outras Asociacións ou estamentos relacionados coa actividade
cinexética.
Capítulo
III. Réxime de Administración, Contabilidade e Documentación.
Art.
11.- O réxime de administración da UNIÓN
O réxime de administración da UNIÓN, no que se
refire á súa constitución e inscrición,
se determinará polo que establece a Lei Orgánica 1/2002,
de 22 de marzo.
Para ó seu réxime interno,a UNION, debera axusta-lo seu
funcionamento de tal maneira que as facultades do órgano de representación
se extenan, con carácter xeral, a tódolos actos propios
das finalidades da UNIÓN, sempre que non requiran, conforme ós
Estatutos, autorización expresa da Asemblea Xeral. Obrigacións
documentais e contables.
Art. 12.- Obrigacións documentais e contables
A UNIÓN disporá dunha relación actualizada dos
seus asociados, levará unha contabilidade que permita obte-la
imaxe fiel do patrimonio, do resultado e da situación financeira
da UNIÓN, así como as actividades realizadas, efectuar
un inventario dos seus bens e recoller nun Libro de Actas das reunións
dos seus órganos de goberno e representación. Deberán
levar a súa contabilidade conforme ás normas específicas
que lles resulten de aplicación.
Os asociados poderán acceder a toda a documentación que
se relaciona no apartado anterior, a través dos órganos
de representación, nos termos previstos na Lei Orgánica
15/1999, de 13 de decembro, de protección de datos de carácter
persoal.
As contas da UNIÓN aprobaranse anualmente pola Asemblea Xeral.
Capítulo IV. Patrimonio
inicial e recursos económicos
Art.
13.- Patrimonio inicial e recursos económicos
A UNIÓN carece de patrimonio
inicial ó constituirse.
A UNIÓN someterase ó rexime de orzamento e patrimonio
propio coas seguintes limitacións:
a)
Non poderá destinar os seus bens a fins insdustriais, comerciais,
profesionais ou de servicio, nin exercer actividades de igual carácter
co fin de repartir beneficios entre os seus socios.
b) Os ingresos aplicaranse íntegramente á conservación
e realización do obxecto social. A UNIÓN utilizará
para o cumprimento dos seus fins os seguintes recursos económicos:
a) As cotas dos socios.
b) Primas ou donativos de colaboradores.
c) Subvencións, axudas ou derramas que reciba de terceiros.
Capítulo
V. Modificación dos Estatutos
Art.
14.- Modificación
A modificación dos Estatutos que afecte ó contido previsto
no artígo 7 da Lei Orgánica 1/2002, de 22 de marzo, requerirá
acordo adoptado pola Asemblea Xeral convocada especificamente con tal
obxecto, deberá ser obxecto de inscrición no prazo dun
mes e só producirá efectos, tanto para os asociados como
para terceiros, dende que se produza a súa inscrición
no Rexistro de Asociacións correspondente, rexindo para a mesma
o sentido de silencio previsto no artigo 30.1. da citada Lei 1/2002.
As restantes modificacións producirán efectos para os
asociados dende o momento da súa adopción dacordo ós
procedementos estatutarios, mentres que para terceiros se precisará,
ademáis, a inscrición no Rexistro correspondente.
A inscrición das modificacións estatutarias suxeitarase
ós mesmos requisitos que a inscrición dos Estatutos.
Capítulo VI. Causas
de disolución e destino do patrimonio
Art.
15.- Disolución:
A UNIÓN disolverase polas seguintes causas:
a) Vontade dos asociados expresada
en Asemblea Xeral convocada a tal efecto.
b) Polas causas determinadas no artigo 39 do Código Civil.
c) Por sentencia xudicial firme.
En
tódolos supostos de disolución deberá darse ó
patrimonio o destino previsto no capítulo VII dos presentes Estatutos.
Capítulo
VII. Liquidación da UNIÓN
Art.
16.- Liquidación
A disolución da UNIÓN abre o período de liquidación,
ata o fin do cal a Entidade conservará a súa personalidade
xurídica.
Os membros do órgano de representación no momento da disolución
convértense en liquidadores, salvo que os designe a Asemblea
Xeral, ou o xuíz que acorde a disolución. Corresponde
ós liquidadores:
a) Velar pola integridade do
patrimonio da UNIÓN.
b) Conclui-las operacións pendentes e efectúa-las novas
que sexan precisas para a liquidación.
c) Cobra-los créditos da UNIÓN.
d) Liquida-lo patrimonio e pagar ós acreedores.
e) Aplica-los bens sobrantes da UNIÓN ós fins previstos
polos Estatutos.
f) Solicita-la cancelación dos asentos no Rexistro.
En
caso de insolvencia da UNIÓN, o órgano de representación
ou, se é o caso, os liquidadores promoverán de inmediato
o oportuno procedemento concursal ante o xuíz competente.
|